Servei d'enviament automàtic de titulars de notícies i altres continguts per correu electrònic, RSS o podcast.

Aviso legal

Este sitio é a web oficial do Parlamento de Cataluña, o cal é titular do dominio www.parlament.cat. O Parlamento de Cataluña pode ser titular doutros nomes de dominio relacionados ou non con esta web.

Este sitio e todos os seus contidos, incluídos os textos, as imaxes, o son e calquera outro material, son propiedade do Parlamento de Cataluña, co NIF S0833001A, e con sede en Parc de la Ciutadella, s/n, de Barcelona, CP 08003, ou de terceiras persoas que autorizaron ao Parlamento para usar estes contidos.

A información que contén este sitio web foi incluída coa finalidade de que estea facilmente dispoñible para un uso persoal ou público de carácter non comercial. Non está permitida a modificación da web nin dos seus contidos.

O uso persoal ou público non comercial significa que a información contida neste sitio web pode ser copiada ou remitida, total ou parcialmente, sen necesidade de obter un permiso especial do Parlamento de Cataluña, nin de pagar prezo algún. Así e todo, esta utilización queda limitada ás seguintes condicións:

- que a persoa usuaria se faga responsable de ter o coidado e a dilixencia razoables a fin de asegurar a exactitude dos documentos copiados.

- que se identifique a web oficial do Parlamento de Cataluña como fonte da información.

- que a copia non sexa presentada como unha versión oficial dos documentos copiados nin como unha copia feita por medio dun acordo de sindicación de contidos co Parlamento de Cataluña, nin coa colaboración ou aval do Parlamento de Cataluña.

Algúns documentos e elementos gráficos que contén este sitio web son obxecto de dereitos de autor de terceiras persoas. Nestes casos, pódense aplicar certas restricións a respecto da reprodución dos documentos ou elementos afectados, e pode ser necesario obter o permiso da persoa titular dos dereitos de autor antes de facer unha copia.

A información facilitada por medio desta web non substitúe a publicidade legal das leis e outros textos que deban ser publicados formalmente no Butlletí Oficial del Parlament de Catalunya, no Diari Oficial de la Generalitat de Catalunya ou noutros diarios oficiais, que son o único instrumento que da fe da autenticidade e do contido.

No momento de establecer ligazóns con sistemas externos, estes foron comprobados polo Parlamento de Cataluña, que non ten coñecemento de que a actividade ou a información á que se remite poidan ser ilícitos ou prexudiquen bens ou dereitos de terceiras persoas susceptibles de indemnización. Porén, o Parlamento de Cataluña non é responsable da información que se poida obter por medio de ditas ligazóns.

O Parlamento de Cataluña mantén políticas de seguridade para asegurar o bo funcionamento da web. Así e todo, non garante que a web e o servidor estean libres de virus, e non se fai responsable dos danos causados polo acceso á web ou pola imposibilidade de acceder.

O Parlamento de Cataluña declara que o uso de galletas (cookies ou ficheiros con información sobre os hábitos, as preferencias e o comportamento dos internautas que visitan unha páxina web e que o servidor envía ao disco duro do seu ordenador mediante o navegador) ou doutros medios de natureza análoga, ten como obxectivo exclusivamente a adaptación do servizo ofrecido pola web á solicitude dos usuarios, e que non se utiliza para determinar como o utilizan os visitantes do sitio nin que sitios visitaron con anterioridade. O usuario ou usuaria sempre pode, se o considera conveniente, activar as opcións do seu navegador para rexeitar a instalación de galletas.

Este sitio web non obtén automaticamente datos persoais dos usuarios como o nome, número de teléfono ou enderezo electrónico. Este tipo de datos só se obteñen se os usuarios os envían voluntariamente por medio dun correo electrónico ou empregando algún dos formularios que incorpora a web. O Parlamento de Cataluña comprométese a tratar estes datos de acordo coa lexislación sobre protección de datos persoais e sobre os servizos da sociedade da información, e non os pode utilizar para almacenar información que permita identificar á persoa física usuaria da web, nin para ofrecer servizos non solicitados.

Sobre os correos electrónicos enviados desde o dominio parlament.cat

Erros de destinatario

O correo electrónico que acaba de recibir, así como calquera dos seus posibles ficheiros adxuntos, está destinado á persoa ou ás persoas a quen vai dirixido. No caso de que reciba este correo por erro, rogámoslle que, antes de eliminalo, notifique inmediatamente a súa recepción reenviándoo ao enderezo electrónico da persoa remitente.

En calquera caso, se recibiu este correo por erro, non ten autorización para facer ningún tipo de uso da información contida no corpo do correo electrónico ou nos ficheiros adxuntos.

Subscritores do servizo de envío automático de titulares de noticias e outros contidos ou do boletín informativo sobre a actualidade parlamentaria

Se recibiu o correo electrónico porque se subscribiu ao servizo de envío automático de titulares de noticias e outros contidos de actualización frecuente da web do Parlamento de Cataluña ou do boletín informativo sobre a actualidade parlamentaria, pode facer un uso persoal ou público non comercial da información recibida nas mesmas condicións que as establecidas no aviso legal para a información publicada na web do Parlamento, o que significa que, con carácter xeral, dita información pode ser divulgada, copiada ou remitida, total ou parcialmente, sen necesidade de obter un permiso especial do Parlamento de Cataluña, nin de pagar prezo algún.

Mensaxes de resposta a unha consulta

Se o correo electrónico recibido é unha resposta a unha consulta feita no marco do servizo de atención de consultas dos cidadáns, debe ter presente que, en principio, a resposta foi preparada para un uso exclusivamente persoal e que só se pode facer divulgación pública se se reproducen literalmente e de maneira conxunta tanto a consulta realizada como a resposta recibida. A resposta que se lle envía pode expresar condicións máis restritivas en canto ao uso da información remitida, condicións que prevalecerán en todos os casos.

Condicións xerais de confidencialidade

Agás as excepcións indicadas, e con carácter xeral, os correos electrónicos emitidos desde o dominio parlament.cat, incluídos os ficheiros que poidan levar adxuntos, son confidenciais e a información que conteñen é propiedade do Parlamento de Cataluña. Queda prohibida a súa divulgación, copia ou distribución a terceiras persoas sen a autorización previa por escrito do Parlamento. Porén, non é confidencial ningunha información que reproduza un acto público do Parlamento ou documentación publicada no Butlletí Oficial del Parlament de Catalunya, no Diari de Sessions del Parlament de Catalunya ou na web oficial do Parlamento de Cataluña e, con respecto a este último, nas condicións de uso establecidas no aviso legal. Os directorios de enderezos de correo electrónico contidos na web do Parlamento non son ningunha das fontes de acceso público reguladas pola Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e, por tanto, estes datos non poden ser reproducidos, transmitidos nin gravados por ningún sistema de recuperación de información, nin total nin parcialmente, sen o consentimento das persoas interesadas.

O correo electrónico que recibiu pode expresar outras condicións en canto ao uso da información remitida, condicións que prevalecerán en todos os casos.


Para formular calquera dúbida ou suxestión en relación a este sitio web, pódense dirixir a:

Parlamento de Cataluña Departamento de Informática y Telecomunicaciones. Área de Administración y Gestión de Portales de Información Parque de la Ciutadella, s.n. 08003 Barcelona Teléfono +34 933 046 656 webmaster@parlament.cat
Logo de Google Translate

Esta ferramenta facilita a tradución automática dos contidos da páxina web. O Parlamento non se fai responsable das versións obtidas, que non terán carácter oficial.

Destacat de la pàgina de Twitter del Parlament de Catalunya
Destacat de la pàgina de Facebook del Parlament de Catalunya
Destacat del canal de Youtube del Parlament de Catalunya

Buscador

Amb l'objectiu de potenciar la participació dels ciutadans en l'activitat parlamentària, el Parlament ha obert espais a diverses plataformes.
Canal d'atenció a les consultes relacionades amb les diferents funcions del Parlament.
Hi trobareu una oferta variada d'articles personalitzats amb el logotip del Parlament, i les publicacions de la institució.

El portal del Parlament està optimitzat per a les darreres versions de navegadors i per a una resolució mínima de pantalla de 1024 x 768.